Songtexte.com Drucklogo

Todo ou nada Songtext
von Grande Amore

Todo ou nada Songtext

Hai cousas que flipo co rápido que cambian
E outras nunca van cambiar
Parece que todo o mundo está marchando
E que eu nunca vou marchar

A ver se hai sorte e quedas outro cacho
E non me raio máis
Fai anos que xa non teño quince anos
Pero todo sigue igual

Parece que todo o mundo está medrando
E que eu nunca vou cambiar
Dime, por favor, que vas quedarte hoxe
E non me raio máis

Todo ou nada
Todo ou nada
Todo ou nada
Todo ou nada

Todo ou nada
Non hai nada mellor
Non coñezo mozo con máis corazón


Hai cousas que flipo co rápido que pasan
E outras nunca van pasar
Fai anos que non quero seguir cumplindo anos
Cada día son máis can

Os meus amigos agora solo penan no traballo
E eu non quero traballar
O que quero é gustarche porque o resto de cousas
Fanme todas mal

Nunca fun tan feliz
Nunca tiven tantos cartos
E aínda así a veces solo penso en deixalo

Nunca fun tan feliz
Pero logo cando saio
Inda penso en queimalo todo

Todo ou nada
Todo ou nada
Todo ou nada
Todo ou nada

Todo ou nada
Non hai nada mellor
Non coñezo mozo con máis corazón


Todo ou nada
Todo ou nada
Todo ou nada
Todo ou nada

Todo ou nada non hai nada mellor
Non coñezo mozo con máis corazón

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Quiz
Wer ist kein deutscher Rapper?

Fans

»Todo ou nada« gefällt bisher niemandem.