Songtexte.com Drucklogo

Cantiga da montaña (a Audrey Hepburn) Songtext
von Adufeiras de Salitre

Cantiga da montaña (a Audrey Hepburn) Songtext

Ó pasar pola túa porta
Levo presa e vou correndo
Porque non digan teus pais
Que de amores te pretendo
Ó pasar pola túa porta
Levo presa e vou correndo


Dende aquí te estou mirando
Cara cara, frente a frente
E non che podo dicir
O que o meu corazón sente
Dende aquí te estou mirando
Cara cara, frente a frente

Neste lugarín pequeno
Amores hei de encontrar
Ou no pico ou no fondo
Ou no medio do lugar
Neste lugarín pequeno
Amores hei de encontrar


Polo sol mándoche cartas
Pola lúa saudades
Polas estrelas do ceo
Memorias que te regales
Polo sol mándoche cartas
Pola lúa saudades

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Beliebte Songtexte
von Adufeiras de Salitre

Fans

»Cantiga da montaña (a Audrey Hepburn)« gefällt bisher niemandem.