Songtexte.com Drucklogo

Muiñeira de Limiñoa (a José de Vigo dos Toxos) Songtext
von Adufeiras de Salitre

Muiñeira de Limiñoa (a José de Vigo dos Toxos) Songtext

Escríbiache unha carta
E dentro unha cinta verde,
Non quero cinta nin carta
Quero que veñas a verme.
Non quero cinta nin carta
Quero que veñas a verme.

María bonita, color da cireixa
Cásome contigo se a túa nai me deixa.
Se a túa nai me deixa, se a túa nai me deixa
María bonita, color da cireixa

Coloradiña da cara
Delgadiña da cintura,
Mandache moitas memorias
O capitán da falúa.
Mándache moitas memorias
O capitán da falúa.


Se queres que vaia á vía do tren
María bonita vente ti tamén-e,
Vente ti tamén-e, vente ti tamén-e
Se queres que vaia á vía do tren.

Maruxiña date vento
Maruxiña date vento
Que os señoritos da vila
Cos ollos che estón comendo,
Maruxiña date vento
Maruxiña date vento

María bonita, color da cireixa
Cásome contigo se a túa nai me deixa.
Se a túa nai me deixa, se a túa nai me deixa
María bonita, color da cireixa

Aquí neste sitio sitio,
Aquí neste sitio canto
Aquí teño meus amores
Que lles quero tanto tanto,
Aquí neste sitio sitio
Aquí neste sitio canto


Se queres que vaia á vía do tren
María bonita vente ti tamén-e,
Vente ti tamén-e, vente ti tamén-e
Se queres que vaia á vía do tren.

María bonita, color da cireixa
Cásome contigo se a túa nai me deixa.
Se a túa nai me deixa, se a túa nai me deixa
María bonita, color da cireixa

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Quiz
Welcher Song ist nicht von Robbie Williams?

Fans

»Muiñeira de Limiñoa (a José de Vigo dos Toxos)« gefällt bisher niemandem.