Songtexte.com Drucklogo

Sonhos Songtext
von Os Amigos dos Músicos

Sonhos Songtext

Onde sempre houbo sucre e sal
Non había medo a soñar.
Agora o soño e a razón
Que da a alegría e a dor.

Nun deses soños vinche a tí,
E ras alí tirado alí no chan.
Falabas dun tempo por vir,
No que a xente vive e é feliz.


Os soños ás veces din verdades,
Outras veces enganan ás vontades.
O certo e que son parte do ser
Que engaden cor ó noso crer.

Noutro soño vinche escapar
O temor nos ollas, suor nas mans.
Falabas moi rápido e sen senso,
Dun futuro de morte e desertos.

AAAHHH

O que o espello mostra non é tal,
Os soños conxúganse ó azar,
Xogan coa lóxica e a razón
Onde sempre houbo sucre e sal.

AAAHHH

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Beliebte Songtexte
von Os Amigos dos Músicos

Quiz
Wer ist gemeint mit „The King of Pop“?

Fans

»Sonhos« gefällt bisher niemandem.