Songtexte.com Drucklogo

Outono Songtext
von Os Amigos dos Músicos

Outono Songtext

Mira de esguello o bico que voou sen ter perdón,
é unha verba morna que alumeou unha ilusión.

Non tiven tempo de darche novas de aquí, do meu lagar.
Décheslle a man ao demo sen mirar atrás, non de vagar.

Agora que te fuches xa non hai fumes, follas de té.
Fixen un longo camiño para non perderme no mesmo outra vez.


Teño gran amizade co vento e coas nubes,
Lúa e solpor.
Non baixo moito á cidade,
A xente non sae, so hai temor.

Sei que marchar foi doado,
So eras tí e ninguén máis,
Acharemos a maneira,
De voltar á vida e non lembrar
Que cando nos atopemos, será xa noite, frío nos pés.
Arranxaremos ó mundo, ata o próximo outono outra vez.

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Beliebte Songtexte
von Os Amigos dos Músicos

Quiz
Whitney Houston sang „I Will Always Love ...“?

Fans

»Outono« gefällt bisher niemandem.