Songtexte.com Drucklogo

Eterna soedade Songtext
von Xhamain

Eterna soedade Songtext

Sigo os teus pasos
Eu estarei onde ti vas
Son a túa sombra
Escuridade e luz

Esa presenza
Que sentes antes de espertar
Son o misterio
Que non podes mirar

Un tremor na miña pel
Que me fai estremecer
Sinto cando vexo o mar

Atrapada nun lugar
Do que non podo escapar
A prisión do meu fogar

Son a tormenta
Do tempo que deixas pasar
Gotas de choiva
Que caen polo cristal


Ese silencio
Que rompe antes de espertar
Son o teu medo
Á luz do máis alá

Abro os ollos ó amencer
Sinto que te podo ver
Como un soño moi real

Mais non estás nin has volver
Desde a fría mañá
Que marchaches sen mirar atrás

Non podo vivir
Na eterna soedade
Estando lonxe de ti ao teu carón

Déixame seguir
Eterna soedade
E deixa xa de partir o meu corazón

Un tremor na miña pel
Que me fai estremecer
Sinto cando vexo o mar

E non estás nin has volver
Desde a fría mañá
Que marchaches sen mirar atrás


Non podo vivir
Na eterna soedade
Estando lonxe de ti ao teu carón

Déixame seguir
Eterna soedade
E deixa xa de partir o meu corazón

Non podo vivir
Na eterna soedade
Estando lonxe de ti ao teu carón

E déixame seguir
Eterna soedade
E deixa xa de partir o meu corazón

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Quiz
Whitney Houston sang „I Will Always Love ...“?

Fans

»Eterna soedade« gefällt bisher niemandem.