Songtexte.com Drucklogo

Aquí Songtext
von Esposa

Aquí Songtext

Vou aos karaokes pra cantar
O que non canto cando quero que ninguén me mire mal
Só me veñen as palabras se mas poñen na pantalla
Vou aos karaokes pra mirar
Á xente sendo o que pretende cando mira ao espello
Aínda que este-a moi lonxe para velo
Aínda que este-a moi lonxe para velo

Vou a biblioteca e son feliz
Toda a memoria do mundo, toda para min
Pero sempre acabo lendo as mesmas palabras
Mirando as mesmas fotos, e vendo as mesmas caras
Comendo cada día a mesma bolsa de patacas
Que nunca acaba
Que nunca acaba
Que nunca acaba
Que nunca acaba


Ata que pasa, que saes da zona de confort
E vas ás músicas do mundo a coller un cd
Apréndeste algún canto do Candomblé
Mentras un mendigo ao lado mira Anatomía de Grey
E daste conta de que vives no seu concello
Aínda que este-as moi lonxe para velo
Aínda que esteas moi lonxe para velo

Cultura popular? Cultura popular!
Escribir unha canción é como militar
Logo síntea moita xente se vas ao Luar
Pero non sinten as palabras como sinten a empanada
Imos comer? Ou imos tocar?
Faría felíz a máis xente se soubera cociñar
Pero fago as cancións e os espargotes con atún
Sabendo que inda que me esforce non lle gustan a ningún
Como sete putas potas á semana dende setembro
Quero ser útil para alguén aparte de min mesmo
Quero ser útil para alguén aparte de min mesmo
Quero ser útil para alguén aparte de min mesmo
E penso nisto moi forte e pretendo crelo
Penso nisto moi forte e pretendo crelo
E logo penso nisto moi forte e pretendo crelo
Aínda que este-a moi lonxe para velo
Aínda que este-a moi lonxe para velo!

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Quiz
Whitney Houston sang „I Will Always Love ...“?

Fans

»Aquí« gefällt bisher niemandem.