Songtexte.com Drucklogo

Supermartes Songtext
von Ataque Escampe

Supermartes Songtext

Cruzádesvos na rúa de cando en vez
Aínda é importante para ti
Discos de ambient
A mítica de Kraftwerk
A man que fai soar o theremín

Os ollos de Miles Davis no In a Silent Way
Miraban o futuro desde alí
Signos de aire
Deixa que sangre
Que volvan as avespas do país

A vea que te acolle tan azul
A cara que mereces e a que tes
Di que te quere
Pero entendedes
Cousas diferentes por querer


Que música escoitabas ti no 2001?
Nostálxica nostálxica non es
VHS
World Trade Center
Vaia supermartes foi aquel

Pop, ciencia ficción
Restos da era espacial
Todos da man
Cara ao volcán
Esas trompetas que serán?

Estamos no futuro, e agora que?
O anxo da historia mira atrás
Todo ten un ritmo
Posapocalíptico
De máscaras antigas e antigás

Noite en Compostela: xa non hai ninguén
Onde van as festas de mañá?
Nos discos de vinilo
Un bucle infinito
Cos bicos que recibes e os que dás


Só dous corazóns
Na discoteca, sen bailar
Xuntos da man
Cara ao volcán
Somos tormentas de verán

Pop, ciencia ficción
Restos da era espacial
Todos da man
Cara ao volcán
Esas trompetas que serán?

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Beliebte Songtexte
von Ataque Escampe

Quiz
Cro nimmt es meistens ...?

Fans

»Supermartes« gefällt bisher niemandem.