Songtexte.com Drucklogo

As meigas Chegan Songtext
von Na Lúa

As meigas Chegan Songtext

Catrocentas meigas todas embruxadas
fixeron a ronda para ver a quen levaban
levaran o alcalde, levaran o crego
e cousa do demo a quen lle vai tocar.

Vixiade as vosas fillas, pechade ben as portas
o aquelarre esta noite vai chegar
conxurando feitizos, voando polo aire
as meigas chegan non hai xeito de parar.


Achégase perto unha treboada
lostrego salvaxe, bruxa iluminada
Sentindo a vella voz da naturaleza
No mais fondo do noso pensamento
Ceibes para voar.

Catrocentas meigas todas embruxadas
moi apertadiñas facendo toleadas
remexe o caldeiro, abracadabra
o diaño coxo virá con nós bailar.

Vixiade as vosas fillas, pechade ben as portas
o aquelarre esta noite vai chegar
conxurando feitizos, voando polo aire
as meigas chegan non hai xeito de parar.

Queimaban as fogueiras no medio da toxeira
o aquelarre esta noite vai chegar
o lume sae dos fentos voando os catro ventos
As meigas chegan no hai xeito de parar

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Beliebte Songtexte
von Na Lúa

Fans

»As meigas Chegan« gefällt bisher niemandem.