Songtexte.com Drucklogo

Arrepíos Songtext
von Lontreira

Arrepíos Songtext

Cantando baixo unha árbore nova filla do outono
Remataba de xurar vida ao pasto e morte ao fogo
Vino agocharse con sixilo preparado pra levar con el a vida

Arrepíos morren porén vou seguir
Arrepíos corren por dentro de min
Por dentro de min (de min, de min...)

Arrepíos dormen tranquilos en min
Arrepíos foxen dende min a ti
Arrepíos foxen

Queimei peciños inocentes
Obedecendo unha alma culpable que me fixo malo
As miñas lapas medraron e medraron
E a tristeza fíxome sentir un frío seco
Que roubaba auga de gorxas sedentas sen forza pra berrar

Fixen ladrar, fixen ladrar dous lobiños
Fíxenos ladrar pra os revelar
Revelar madrigueiras de soidade
Onde estaban todos escondidos de min, de min, de min


Chamábanme fogo, chamábanme lume
Enxendroume un diaño que nadiña sofre
Escapade vacas, cabaliños, laras
Non quero vivir queimando as vosas casas

Arrepíos foxen dende min a ti
Arrepíos bailan e mais vou seguir
Mais eu vou seguir pra non deixalos vivir, vivir, vivir

Arrepíos morren porén vou seguir
Arrepíos corren por dentro de min
Arrepíos xestan miñas bágoas
E ogallá puidesen apagarme a min, a min, a min

Xa non chove coma antes chovía
O demiño é listo e as nubes secou
Xa non encontro maneira de deixar de arder
Son quen dá luciña, non quero facer morrer
Son quen dá calor, non quero quitar de beber

Aínda que non quixen, cada vrao seguín nascendo
Prá festa da queima de voces inocentes
Non desculpedes nunca aos que me plantan sen eu querer

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Quiz
Wer ist gemeint mit „The King of Pop“?

Fans

»Arrepíos« gefällt bisher niemandem.