Neve e luz Songtext
von Lontras
Neve e luz Songtext
Cando fecho os ollos sempre escoito a túa voz
Xogo a imaxinar historias de ciencia ficción
Ti e mais eu viaxando polo espazo
Descubrindo algún planeta anano
Como cogomelos saímos despois de chover
Andamos contra o vento, non nos preguntamos por que
Cada un metido no seu mundo
Non hai outro pozo tan profundo
Mírote de esguello
E os teus ollos métenme medo
Soño con quedarnos encerrados no ascensor
Cruzo os vinte dedos, conteño a respiración
Talvez nunca veñan rescatarnos
Talvez morreremos abrazados entre dúas plantas
Cando choras poste tan guapa
Fáisenos de noite, imos ver poñerse o sol
Os ollos resecos diante do ventilador
Pos a túa man encol da miña
Vou fechar a porta da cociña
Somos tan pequenos
E inda teño medo
Cando a chuvia volva e teñamos que correr
Cando veña a náusea, cando comecemos a crecer
Cando os dous teñamos fillos, (unha e outra vez)
Seguiremos sendo amigos? (vou volver soñar)
Somos uña e carne
Ecos tan distantes (nunha habitación baleira,)
No mesmo labirinto (nun estraño afán, con volver atrás)
Somos un ciclón de neve e luz (a explicarcho todo unha vez máis)
De neve e luz

Writer(s): Juan Arca Lyrics powered by www.musixmatch.com