Songtexte.com Drucklogo

game over Songtext
von Filloas

game over Songtext

Un día máis que acaba
Encerrado en min
Que canso estou de todo
Fálame de ti

O centro das miradas
Nunca quixen ser
Os meus aniversarios
Nunca celebrei

Estoume a decatar
De que o oido vai peor
Porque cando estou nun bar
Non sigo a conversación

Teño medo de deixar
De escoitar o que dirán
Tras cantarlle ao mundo enteiro
O que teño que expresar


Onte escoitei
Pondo a roupa a secar
Discutindo aos veciños
Que se queren divorciar

E sentín que era feliz
Que me daba todo igual
E por íso non entendo
Porque so quero chorar

Outra vez o cartel de "Game Over"
A caguei pero non che sei onde
Hai que baixar a dificultade
Deste xogo no que todo vale

Outra vez o cartel de "Game Over"
A caguei pero non che sei onde
Hai que baixar a dificultade
Deste xogo no que todo vale

Quero comezar outra vez
E deixar de perder
E non volver a caer
Pero non podo
E sinto que me afogo
Na vida non hai un
"Intentar de novo"


No horóscopo non crias
"Non se pode explicar"
Mais en min confiabas
E non che probei nada

Dicirche por mensaxe
"Creo que o hai que deixar"
E non dicir por medo...
"Xa non me quero máis"

Este fin de ano
O meu proposito a cumprir
Foi o ser mellor amigo
E non o puiden conseguir

E preguntan cada vez
Se botei moza por fin
Coma se fose o vital
O motivo de existir

Volvo estar moi mal
E os meus están peor
Estar "depre" é unha moda
E non saimos por confort

Cando eu máis a caguei
Culpei á medicación
Cando por fin a deixei
Vin que ainda son peor

Outra vez o cartel de "Game Over"
A caguei pero non che sei onde
Hai que baixar a dificultade
Deste xogo no que todo vale

Outra vez o cartel de "Game Over"
A caguei pero non che sei onde
Hai que baixar a dificultade
Deste xogo no que todo vale

Quero comezar outra vez
E deixar de perder
E non volver a caer
Pero non podo
E sinto que me afogo
Na vida non hai un
"Intentar de novo"

Voume por de novo en pé
Volverei sempre a xogar
Por moito que eu perda

Voume por de novo en pé
Volverei sempre a xogar
Por moito que eu perda

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Fans

»game over« gefällt bisher niemandem.