Songtexte.com Drucklogo

cuncha emocional Songtext
von Filloas

cuncha emocional Songtext

Faise duro xestionar tanta imaxinación
Máis que un don ou algo bo é como unha maldición
É algo que me encerra e que me produce obsesión
Que dos meus me afasta e o que din me aburre sen razón

Camiñando todo o día pola rúa
A pensar en mil movidas e raiaduras
O semáforo en vermello e baixo a lúa
Imaxinando outras mil vidas e aventuras

En Hollywood ser un actor
Dos comediantes ser o mellor
Ou cantar fronte un millón
Todos os meus temas

Ideas que morren no meu maxín
Por non arriscar ni un paso din
En verde está e non me movín


Benvido ao meu mundo
Que non cala nin un puto segundo
Imaxinando que aínda estamos xuntos
O ficticio co real confundo
Sempre me protexo nunha cuncha emocional
Nunha cuncha emocional
Vivo sen vivir en min
Porque todo me sae mal
Porque todo me sae mal
E non quero molestar
Vivo sen vivir en min
Nunha cuncha emocional

Todo o día pensando en min
Imaxinando o que non vivín
Un pesadelo que non ten fin
E do que non espertas

Sempre a buscar onde te evadir
Novos mundos nos que no sentir
E ser o "prota" por fin
Da túa propia historia

Pero chega o dia en que todo mellora
Que deixaches tempo atrás o malo que che afoga
E comezas a vivir o que hai afora
E sintes que vai a mellorar a partir de agora

Entón todo che parece diferente
Outra vez te importa o que che diga a xente
E namoras dunha moza e de repente
No primeiro bico véñenseche á mente


Pensamentos que aparecen un segundo
Mil futuros nos que rematamos xuntos
Pero en neles todo amor desaparece
Porque o mato por estar borracho... sempre

Benvido ao meu mundo
Que non cala nin un puto segundo
Imaxinando que aínda estamos xuntos
O ficticio co real confundo
Sempre me protexo nunha cuncha emocional
Nunha cuncha emocional
Vivo sen vivir en min
Porque todo me sae male
Porque todo me sae mal
E non quero molestar
Vivo sen vivir en min
Nunha cuncha emocional

Nunha cuncha emocional
Nunha cuncha emocional
Vivo sen vivir en min
Nunha cuncha emocional

Nunha cuncha emocional
Nunha cuncha emocional
Vivo sen vivir en min
Nunha cuncha emocional

Nunha cuncha emocional
Nunha cuncha emocional
Vivo sen vivir en min
Nunha cuncha emocional

Nunha cuncha emocional
Nunha cuncha emocional
Vivo sen vivir en min
Nunha cuncha emocional

Benvido ao meu mundo
No que sempre estamos xuntos
Benvido ao meu mundo

Nunha cuncha emocional
Nunha cuncha emocional
Vivo sen vivir en min
Nunha cuncha emocional

Nunha cuncha emocional
Nunha cuncha emocional
Vivo sen vivir en min
Nunha cuncha emocional

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Quiz
Wer ist auf der Suche nach seinem Vater?

Fans

»cuncha emocional« gefällt bisher niemandem.