Songtexte.com Drucklogo

A ría de Compostela Songtext
von Filloas

A ría de Compostela Songtext

Hai tempo que non me consigo pillar
Mira que o intento pero paso de empatizar
Non sei que cambiou dentro de min
Se isto te atrapa, igual deberias probar

E estou contento coma nunca estivera
Igual é iso e non quero estar con calquera
Teño a pila da felicidade chea pra min
Pero vou xusto e non teñó nin para compartir

Eu non quero estar estable
Porque non son responsable
Mellor sexamos amigos
É moito máis divertido

Eu non quero estar estable
Porque non son responsable
Mellor sexamos amigos
É moito máis divertido


Onte nos vimos, así que hoxe non vou quedar
Sinceramente, estar eu so pra min é xenial
Fágome gracia, a verdade cáiome ben
Algo jamado si, da cabeza estou algo mal

Ás veces penso, que teño algo dentro roto?
Amor, cariño... son cousas que xa non noto
Raiame non atopar unha persoa para min
Pásanme un meme, esquezo todo e bótome a rir

Eu non quero estar estable
Porque non son responsable
Mellor sexamos amigos
É moito máis divertido

Eu non quero estar estable
Porque non son responsable
Mellor sexamos amigos
É moito máis divertido


Se coma min ti queres estar
Non sei o que tes que mercar
Vai ao super a preguntar
Pero sempre consumo local
Mercar a carne na de Camilo
E para o peixe anda con tino
Porque a veciña díxome un día
Que a robaliza era da Ría
Entón eu pregunteille a ela
Cal é a Ría de Compostela?

Son consciente de que estou a esaxerar
Ficar na merda, ás veces non esta tan nada mal
Teño claro que realmente eu non estou roto
E que non quero estar con ninguén tampouco

Eu non quero estar estable
Porque non son responsable
Mellor sexamos amigos
É moito máis divertido

Eu non quero estar estable
Porque non son responsable
Mellor sexamos amigos
É moito máis divertido

(Cal é?)
(A Ría de Compostela?)
(Cal é?)
(Se isto é interior...)

Eu non quero estar estable
Porque non son responsable

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Quiz
Wer will in seinem Song aufgeweckt werden?

Fans

»A ría de Compostela« gefällt bisher niemandem.