Songtexte.com Drucklogo

Cormorán Songtext
von Dani Cornes

Cormorán Songtext

Sentín cambiar
a miña composición molecular
cando me bicaches a primeira vez
Sentín cambiar

Sabías a sal
Es muller de mar
Nótocho ben na pel
E nótase ben no ar

Ás veces os teus ollos
semellan o faro máis claro abríndose paso
entre as néboas marítimas
na Costa da Morte

E ti, coma un cormorán
voas máis alto que ninguén
E ti, buscando unha onda en Nigrán
en simbiose natural co mar de alén


Quero ser a escuma
que che bique os pés na ribeira
Quero ser o bafo
que te envolva o pescozo na bahía
Quero ser a auga fría, calma,
de cando rompe o día
co ceo caneco de cores cálidas,
de cores cálidas

ás veces os teus ollos
semellan o faro máis claro abríndose paso
entre as néboas marítimas
na Costa da Morte

E ti, coma un cormorán
voas máis alto que ninguén
E ti, buscando unha onda en Nigrán
En simbiose natural co mar de alén,
Co mar de alén

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Beliebte Songtexte
von Dani Cornes

Quiz
Wer ist kein deutscher Rapper?

Fans

»Cormorán« gefällt bisher niemandem.