Songtexte.com Drucklogo

Outono Songtext
von Acouga

Outono Songtext

Sopraba unha tarde de outono
co tempo parado
de calquera modo
despedímonos de todo
de todo

Sós
co murmurio do río
termando da auga
dos ollos
pechei os recordos nun
remorso doído

E cadaquén regresou ao seu lugar
Ninguén quixo preguntar
Calou por nós a saudade
que o vento e as pólas ouviron pasar

Que sería
de nós sen todo este longo treito?

Que faría
sen ti gardada dentro do meu peito?


Podería descubrir a miña
inconsistencia gris

Mentiría se dixese que
non te quero ver
que non te quero

Pero
o tren pasa lento
só unha vez
E os bosquexos
de futuros
esvaecen ao
esquecer

a importancia
de ver os pés
nun camiño
cheo de espiños que
imos podando
para avanzar sen ver
un destino perseguido
polos dous á vez


E se nos fomos
xa volveremos
atoparnos
e volvernos entender

Nestes mares
hai moitos peixes
pero eu sigo atrapado
na túa rede

E resistimos
decidos
ese baile ao
son dese tren

que xa chega
e nos recolle
Imos xuntos
debuxados nun papel

Que sería
de nós sen todo este longo treito?

Que faría
sen ti gardada dentro do meu peito?

Podería descubrir a miña
inconsistencia gris

Mentiría se dixese que
non te quero ver
que non te quero

E se o tren pasa
pois que pase
Quedo contigo
agochado neste andén

E se queres
escapamos
E se me queres
pois casamos
dunha vez

E outra vez
e outra vez
Ata que o outono
regrese outra vez

E outra vez
e outra vez
Ata que o outono
regrese outra vez

E outra vez
e outra vez
Ata que o outono
regrese outra vez

E outra vez
e outra vez
Ata que o outono
regrese outra vez

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Quiz
Welcher Song kommt von Passenger?

Fans

»Outono« gefällt bisher niemandem.